¿Quen somos?
A Asociación Pascual Veiga é unha entidade sen ánimo de lucro que se constitúe no ano 1991 e decide crear un espazo común do que se beneficien os seus fillos e fillas. Os beneficiarios son homes e mulleres adultos, maiores de 18 anos, que precisan, de forma temporal ou permanente, recursos humanos e materiais máis específicos para acadar o seu desenvolvemento persoal, social e laboral.
Obxetivos generales
- Ofrecer ás usuarias e usuarios e ás súas familias un proxecto formativo que contribúa ao desenvolvemento das áreas social, persoal e laboral.
- Mellorar o funcionamento operativo e organizativo do centro co fin de ofertar un servizo de maior calidade.
Obxetivos espécíficos
-
Desenvolver e potenciar a autonomía persoal.
-
Integración social e coñecemento do contorno próximo.
-
Informar e previr sobre os riscos laborais.
-
Reforzar e consolidar as aprendizaxes adquiridas con anterioridade.
-
Fomentar os comportamentos e actitudes prelaborais.
-
Valorar e facer un seguimento permanente das usuarias e usuarios e das súas familias, adaptando a dinámica de traballo coa intención de achegarnos aos obxectivos propostos.
-
Comunicación fluída entre o centro e a familia.
Ámbito de aplicación
O equipo multidisciplinar traballa de maneira coordinada na consecución dos obxectivos propostos. Este traballo realízase de xeito global, abarcando tanto ás usuarias e usuarios como ás súas familias e estimulando a súa participación.
Os obradoiros ocupacionais son o espazo onde se superan algúns dos obxectivos marcados polo programa de atención individualizada.
O noso traballo educativo baséase na motivación e na superación dos diferentes obstáculos, mostrándonos sempre optimistas ante os retos.
Criterios de admisión
Os criterios de admisión do centro establécense pola Asemblea de Nais e Pais, previo informe do Equipo Técnico e da Xunta Directiva.
-
Ter entre 18 e 59 anos.
-
Ter realizada a Valoración de Dependencia e asignado o Grao e o P.I.A.
-
Estar en posesión do Certificado de Discapacidade.
-
Non padecer trastornos de conduta asociados que excedan os recursos humanos dos que dispón o Centro.
-
Ter esgotadas todas as posibilidades de integración en centros de formación ordinarios.
Rexistros oficiales
Entidade de Iniciativa Social. Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar: Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), Nº E-218; Centro Ocupacional Nº: E-218-C-2.
Rexistro Provincial de Asociacións. Xunta de Galicia, Xefatura Territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Inscrita na Sección 1ª co Nº: 1991/002620-1.
Rexistro Sanitario. Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública. Nº REGASA: 983.0391/C.
Asociación declarada de Utilidade Pública na orde do 7 de novembro de 2016, e publicada no DOG nº 220, do 17 de novembro de 2016.
O A.P.A. Centro Ocupacional pertence á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA, integrada en FEAPS (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) e tamén forma parte do CERMI (Comité Galego de Representantes de Persoas con Discapacidade).
O Centro Ocupacional Pascual Veiga está adaptado ao disposto na Lei de Protección de Datos, en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.